Tan só dous días despois de rematar a rodaxe LAS BRUJAS DE E’LENTE volve ao traballo

 

Galego:

Hoxe ás  19.00 h, o equipo de LAS BRUJAS DE E’LENTE está convidado ao Festival de cine de Carballiño XOCIVIGA, unhas xornadas de cine e vídeo galego que xa van pola súa XXX edición.

Estades todos convidados a esta cita co cine galego que, como non podería ser doutro xeito, este ano conta cunha presenza moi ourensá: a de Simón Vázquez.

Se queredes coñecer máis acerca deste festival non dubidedes en ler as seguintes novas:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/08/21/xociviga-2013-vuelven-recuperar-magia/864030.html

http://www.laregion.es/noticia/263117/feito/carballino/animara/xociviga/

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

Hoy a las  19.00 h, el equipo de LAS BRUJAS DE E’LENTE está invitado al Festival de cine de Carballiño XOCIVIGA, unas jornadas de cine y vídeo gallego que ya van por su XXX edición.

Estáis todos invitados a esta cita con el cine gallego que, como no podría ser de otro modo, este año cuenta con una presencia muy ourensana: la de Simón Vázquez.

Si queréis conocer más acerca de este festival no dudéis en leer las siguientes noticias:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/08/21/xociviga-2013-vuelven-recuperar-magia/864030.html

http://www.laregion.es/noticia/263117/feito/carballino/animara/xociviga/

 

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

 

Temos que dicir adeus a Mara e darlle a benvida a Isabel

isabelblanco

Galego:

Desde o equipo de Las Brujas de E’lente queremos comunicarvos que a actriz Mara Sánchez non poderá estar con nós na rodaxe debido a motivos profesionais. Desexámoslle o maior dos éxitos e esperamos coincidir con ela en vindeiros proxectos. Tamén queremos anunciarvos que estamos moi felices de contar cun novo rostro nesta aventura: Isabel Blanco, que será a encargada de relevar a Mara no papel de Rosa.

Isabel é unha desas actrices galegas consagradas. A súa carreira deu comezo nos anos noventa na Televisión de Galicia. Presentou o programa “A Repanocha” pero alcanzou a verdadeira fama na coñecida serie “Mareas Vivas”. Tamén traballou en “Rías Baixas”, “Avenida América” e noutros proxectos de ámbito estatal como “Nada es para siempre” ou “Manolo & Benito Corporeision” e colaborou tamén en “Yo soy Bea” e “Cuéntame cómo pasó” entre outras.

No cine fíxose con papeis en “¿A ti como se che di adeus?”, “El lápiz del carpintero”, “Rosas”, “Cicatrices”, “Un franco, catorce pesetas”, “Vida de familia”, “Ispansi” ou “Agallas”. Ademais, foi vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual.

Como podedes ver, trátase dunha actriz con moita experiencia e por iso confiamos plenamente na función que vai a desempeñar no filme.

Español:

Desde el equipo de Las Brujas de E’lente queremos comunicaros que la actriz Mara Sánchez no podrá estar con nosotros en el rodaje debido a motivos profesionales. Le deseamos el mayor de los éxitos y esperamos coincidir con ella en próximos proyectos. También queremos anunciaros que estamos muy felices de contar con un nuevo rostro en esta aventura: Isabel Blanco, que será la encargada de relevar a Mara en el papel de Rosa.

Isabel es una de esas actrices gallegas consagradas. Su carrera comenzó en los años noventa en la Televisión de Galicia. Presentó el programa “A Repanocha” pero alcanzó la verdadera fama en la conocida serie “Mareas Vivas”. También trabajó en “Rías Baixas”, “Avenida América” y en otros proyectos de ámbito estatal como “Nada es para siempre” o “Manolo & Benito Corporeision” y colaboró también en “Yo soy Bea” y “Cuéntame cómo pasó” entre otras. En el cine se hizo con papeles en “¿A ti como se che di adeus?”, “El lápiz del carpintero”, “Rosas”, “Cicatrices”, “Un franco, catorce pesetas”, “Vida de familia”, “Ispansi” o “Agallas”. Además, fue vicepresidenta de la Academia Gallega del Audiovisual.

Como podéis ver, se trata de una actriz con mucha experiencia y por eso confiamos plenamente en la función que va a desempeñar en la película.

Estamos en tempos tolos e temos máis e máis novas

rosaalvarez

Galego:

Pouquiño a pouco este proxecto vai collendo forma e é preciso que esteades ao tanto de cada novidade. Como a recente chegada ao filme da actriz Rosa Álvarez. Actriz e directora teatral galega, Rosa leva no mundo da interpretación dende o ano 1984. Teatro, series de televisión e cine forman o conxunto da súa traxectoria na que destacan proxectos coma “Libro de familia”, “Efectos secundarios”, “A noiva de medianoite”, ”Trece badaladas”, “Heroína”, “De bares”,  “Os mortos van á présa” e un longo etc.

Benvida a Las Brujas de E’lente, Rosa

Español:

Poquito a poco este proyecto va cogiendo forma y es necesario que estéis al tanto de cada novedad. Como la reciente llegada a la película de la actriz Rosa Álvarez. Actriz y directora teatral gallega, Rosa lleva en el mundo de la interpretación desde el año 1984. Teatro, series de televisión y cine forman el conjunto de su trayectoria en a que destacan proyectos como “Libro de familia”, “Efectos secundarios”, “A noiva de medianoite”, ”Trece badaladas”, “Heroína”, “De bares”,  “Os mortos van á présa” y un largo etc.

Bienvenida a Las Brujas de E’lente, Rosa

A cadena de radio Cope Ourense entrevista ao director de Las Brujas de E’lente

Galego:

O coñecido locutor de radio ourensá, Vidal López que declarou estar “alucinado co proxecto”, preséntanos a entrevista que lle realizou a Simón Vázquez e á xefa de produción Sabela Alvarado, na mañá do pasado xoves 11. No programa “La mañana”, a través da participación do xoven director, repásase brevemente o proxecto para que os oíntes da cadena Cope coñezan algo máis desta idea que comezará a rodarse no mes de agosto.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

El conocido locutor de radio ourensano, Vidal López que declaró estar “alucinado con el proyecto”, nos presenta la entrevista que le realizó a Simón Vázquez y a la jefa de producción Sabela Alvarado, en la mañana del pasado jueves 11. En el programa “La mañana”, a través de la participación del joven director, se repasa brevemente el proyecto para que los oyentes de la cadena Cope conozcan algo más de esta idea que comenzará a rodarse en el mes de agosto.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Queres saber que escribiu o xornal Diario de Pontevedra sobre o proxecto de Simón Vázquez?

 

Galego:

Coas palabras: Cine bueno, bonito y barato comeza o artigo publicado por este diario pontevedrés no que destaca sobre todo o feito de encamiñarse á loucura de facer un filme sen apenas recursos. “Pódese facer cine fantástico e de calidad sen a necesidade de invertir unha cantidade de diñeiro desorbitada”, frase do director recollida nestas liñas xunto ás que se publica unha das fotografías dos primeiros ensaios do filme. Segue lendo o artigo aquí.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

Con las palabras: Cine bueno, bonito y barato empieza el artículo publicado por este diario pontevedrés en el que destaca sobre todo el hecho de encaminarse a la locura de hacer una película sin apenas recursos. “Se puede hacer cine fantástico y de calidad sin la necesidad de invertir una cantidad de dinero desorbitada” frase del director recogida en estas líneas junto as las que se publica una de las fotografías de los primeros ensayos de la película. Sigue leyendo el artículo aquí

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Hoxe foi El Correo Gallego o medio que decidiu dar a coñecer aos seus lectores o proxecto de Las Brujas de E’lente

El correo gallego

Galego:

Baixo o titular “Ourense se llenará en agosto de brujas muy peliculeras”, este xornal publica un artigo acerca desta iniciativa de cine fantástico. Xa queda menos para que de comezo a rodaxe, aínda que polo de agora, deberiades estar moi atentos, pois aínda quedan moitas sorpresas por chegar.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

Bajo el titular “Ourense se llenará en agosto de brujas muy peliculeras”, este periódico publica un artículo acerca de esta iniciativa de cine fantástico. Ya queda menos para que de comienzo el rodaje, aunque por lo de ahora, deberíais de estar muy atentos, pues aún quedan muchas sorpresas por llegar.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

 

Onte Faro de Vigo achegouse ata Las Brujas de E’lente

 

IMG-20130705-WA0000

Galego:

O xornal decano da prensa española, Faro de Vigo, publicaba onte entre as súas páxinas un artigo sobre o proxecto cinematográfico de Simón Vázquez. Proxecto ao que xusto hoxe lle queda tan só un mes para comezarse a rodar. Bótalle un ollo e achégate ti tamén ao mundo das bruxas.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

El periódico decano de la prensa española, Faro de Vigo, publicaba ayer entre sus páginas un artículo sobre el proyecto cinematográfico de Simón Vázquez. Proyecto al que justo hoy le queda tan solo un mes para comenzar a rodarse. Échale un ojo y acércate tú también al mundo de las brujas.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

O cámara de “Las Brujas de E’lente”, peza clave na coñecida serie “El Quid”

980423_672551189428631_579567708_o

Galego:

O equipo da web serie “El Quid” estrea o vindeiro martes día 9 na web ás 21:00 horas o primeiro dos seus capítulos. Para os que non queiran esperar, o sábado día 6 en Celanova poderán visualizar os primeiros episodios. Bruno Nieto, cámara do proxecto de Simón Vázquez, xunto con Raúl García dirixiu este proxecto. “El Quid”, un homenaxe ao cine negro dos anos 50, conta cunha realización  do máis moderna. Misterio e suspense nunha historia apaixoante:

Samuel Casanova aparece morto na casa de baños que rexenta xunto coa súa parella e o seu irmán, entre outros. A partir deste momento, todas as persoas próximas que o rodeaban convértense en sospeitosas do misterioso crime.

Se queredes coñecer o traballo dunha parte clave dentro do proxecto de “Las Brujas de E’lente”,  non dubidedes en ver esta web serie.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

El equipo de la web serie “El Quid” estrena el próximo martes día 9 en la web a las 21:00 horas el primer capítulo. Para los que no quieran esperar, el sábado día 6 en Celanova podrán visualizar los primeros episodios. Bruno Nieto, cámara del proyecto de Simón Vázquez, junto con Raúl García dirijió este proyecto. “El Quid”, un homenaje al cine negro de los años 50, cuenta con una realización  de lo más moderna. Misterio y suspense en una historia apasionante:

Samuel Casanova aparece muerto en la casa de baños que regenta junto con su pareja y su hermano, entre otros. A partir de este momento, todas las personas cercanas que le rodeaban son sospechosas del misterioso crimen.

Si queréis conocer el trabajo de una parte clave dentro del proyecto de “Las Brujas de E’lente”,  no dudéis en ver esta web serie.

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Las Brujas de E’lente alcanza un dos seus obxectivos

 

Galego:

Fai corenta días o equipo de Las Brujas de E’lente daba comezo a unha arriscada iniciativa. A través da plataforma Verkami e do método de financiamento crowdfunding, esta iniciativa pretendía chegar aos 4000 € de colaboración. Hoxe podemos dicir que o que parecía un soño fíxose realidade grazas a todos vós, mecenas de Las Brujas de E’lente que quixestes coñecer un pouquiño máis esta idea e apoiala na medida do posible. Ademais, grazas a este logro, o equipo gaña forzas para seguir traballando por este proxecto de cine fantástico.

Moitas grazas por converterte nun ingrediente máis de Las Brujas de E’lente!

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

Hace cuarenta días el equipo de Las Brujas de E’lente daba comienzo a una arriesgada iniciativa. A través de la plataforma Verkami y del método de financiación crowdfunding, esta iniciativa pretendía llegar a los 4000 € de colaboración. Hoy podemos decir que lo que parecía un sueño se hizo realidad gracias a todos vosotros, mecenas de Las Brujas de E’lente que quisisteis conocer un poquito más esta idea y apoyarla en la medida de lo posible. Además, gracias a este logro, el equipo gana fuerzas para seguir trabajando por este proyecto de cine fantástico.

¡Muchas gracias por convertirte en un ingrediente más de Las Brujas de E’lente!

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

A confianza en todos vós: o gran poder de Las Brujas de E’lente

 

Galego:

A menos de dous días para dar por rematado o camiño de LAS BRUJAS DE E’LENTE en Verkami os resultados non poderían ser mellores. Grazas a todos os que quixeron confiar neste proxecto de cine fantástico, o equipo desta idea orixinal chega á recta final da súa iniciativa de financiamento a través de crowdfunding con 3870 € dos 4000 esperados. Moitas grazas a todos aqueles que quixeron formar parte deste filme e que grazas a eles comezará a súa rodaxe no mes de agosto. Para todos aqueles que non participaron, aínda están a tempo entrando na páxina de Verkami. Todos entraredes nun sorteo especial dun pack de “La vida es bella”, un noite a elixir entre todas as casas rurais españolas. Non o dubidedes máis!

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS

Español:

A menos de dos días para dar por terminado el camino de LAS BRUJAS DE E’LENTE en  Verkami los resultados no podrían ser mejores. Gracias a todos los que quisieron confiar en este proyecto de cine fantástico, el equipo de esta idea original llega a la recta final de su iniciativa de financiación a través de crowdfunding con 3870 € de los 4000 esperados. Muchas gracias a todos aquellos que quisieron formar parte de esta película y que gracias a ellos comenzará su rodaje en el mes de agosto. Para todos aquellos que no participaron, aún están a tiempo entrando en la página de  VerkamiTodos entraréis en un sorteo especial de un pack de “La vida es bella”, una noche a elegir entre todas las casas rurales españolas. ¡No lo dudéis más!

#VOLVERÁSATEMERALASBRUJAS